Phileo by Lesaffre, unidade de negocio de Lesaffre dedicada a nutrición e a saúde animal, organizou a finais de setembro en Valladolid un encontro de vacún de leite co título: "Tecnoloxía aplicada para unha nutrición sostible". O evento contou coa presenza de máis de 40 técnicos, nutrólogos e veterinarios referentes no sector leiteiro de toda a xeografía española.
Na xornada participaron, entre outros, Alejandro Belanche, investigador Ramón y Cajal da Universidade de Zaragoza; Erika Paiva, global ruminant program manager de Phileo; Demetrio Herrera, veterinario de Q-Llet, e Juan Manuel López, responsable técnico e de vendas de ruminantes norte de Phileo Iberia.
Unha vez rematou o simposio quedou claro que a capacidade do sector gandeiro para cubrir a demanda mundial de alimentos dependerá da mellora da eficiencia nos seus sistemas e do rendemento produtivo. Presentáronse dúas estratexias nutritivas como ferramentas poderosas para mellorar a saúde, o benestar e o rendemento dos animais en produción, ademais de reducir o impacto ambiental: a suplementación da dieta con fermentos ou produtos derivados da fermentación e a biotransformación.
Ademais, os asistentes visitaron o día anterior a planta de fermento enriquecido en selenio situada en Valladolid e coñeceron as diferentes fases do proceso de cultivo que garanten a obtención dun produto que cumpre os estándares de calidade máis altos.