Pepsi RF E Oprod achegan ao catálogo Holstein de Evolution Iberica XY máis leite A2A2 e máis compoñentes coa máxima eficiencia alimentaria

Pepsi RF E Oprod achegan ao catálogo Holstein de Evolution Iberica XY máis leite A2A2 e máis compoñentes coa máxima eficiencia alimentaria

Se é importante obter a máxima produción láctea e de calidade, máis aínda é producila optimizando o valor da ración posta a disposición, sexa cal for o sistema produtivo seguido. Así, a eficiencia alimentaria, novo índice do programa de selección XY Creation, é por tanto un factor crave na mellora da rendibilidade das gandarías. Os estudos de campo do Grupo Evolution demostraron conseguir unha diminución do 10 % no consumo de concentrado por cada 100 litros de leite producidos, mantendo unha adecuada saúde e sobre a base de polo menos 3 lactacións analizadas.

Así, apostamos por incluír no noso catálogo a Pepsi RF, o número 1 do Grupo Evolution en eficiencia alimentaria (3,6) e a OPROD, terceiro con 3,3, para acompañar a Nantais (cuarto con 3,2).

Pepsi RF, con 1.872 kg de leite e 190 kg de compoñentes (107 kg de graxa e 83 kg de proteína) sobre a base española de Conafe, convértese no primeiro baluarte do noso catálogo para os gandeiros que queren incrementar o valor xenético da súa reposición na parte produtiva. Iso proporcionará 541 euros de rendibilidade por encima da media da produción láctea destinada á transformación, segundo o valor IM€T Queixo. Pola súa banda, Oprod, mellorando a liña do seu pai Mercutio, achega 1.697 kg de leite BB A2A2, con 94 kg e 77 kg de graxa e proteína respectivamente, cun valor IM€T queixo de 390 euros.

Con estas dúas novas incorporacións, ambos en convencional e sexado, potenciamos o noso catálogo Holstein de Evolution Iberica XY para seguir perseguindo os obxectivos máis demandados actualmente polo sector.

Fai clic aquí para descargar as fichas de Pepsi RF e Oprod

Se ademais queres ter o noso catálogo completo Evolution Iberica XY de agosto 2020, pincha aquí.

Máis información chamando ao 609 04 75 83 (Sebastián Martín) ou enviando un correo electrónico a sebastian@evolutioniberica.es.