Por primeira vez, a Federación Europa de Fabricantes de Pensos Compostos (Fefac), designou a un español, Pedro Cordero, director xeral de Nanta, como novo presidente da organización durante a súa última asemblea, que tivo lugar en Ystad (Suecia). O ata agora vicepresidente da Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos para Animais (Cesfac) e tamén da Fefac, Cordero subsitúe no cargo ao danés Asbjørn Børsting para ostentar a presidencia da entidade durante os próximos tres anos.
"Nesta nova etapa que comezo con ilusión, intentarei promover que a nosa industria teña un futuro sustentable, comprometido cos obxectivos do sector e do entorno social no que operamos sen perder de vista a nosa responsabilidade como parte da cadea alimentaria na produción de alimentos seguros, sustentables e saudables para as persoas", destacou Pedro Cordero tras a súa designación.