Pascual recibiu o premio Plan Nacional fronte á Resistencia aos Antibióticos (PRAN), á mellor iniciativa en vixilancia e control do consumo de antibióticos e as súas resistencias no ámbito da sanidade animal polo seu Programa de Seguridade Alimentaria, Medio, Saúde e Benestar Animal nas granxas que provén de leite á compañía.
O PRAN ten como obxectivo combater os principais problemas de saúde pública que afectan á sociedade e así referendou nesta última edición o compromiso de Pascual coa saúde das persoas, dos animais e do planeta. Ademais, supón un recoñecemento ao modelo de traballo do departamento de Compras Agro da compañía e dos seus gandeiros. Así mesmo, recoñece o proxecto con acreditación ENAC e o servizo de diagnóstico e asesoría veterinaria personalizada que ten a compañía en cada granxa e que conta con dous laboratorios propios de Patoloxía en Aranda de Duero, Burgos, e Rábade (Lugo).
A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), adscrita ao Ministerio de Sanidade, deu a coñecer os gañadores dos premios, entre os que se atopa Pascual, xunto a outros galardoados como o Instituto Catalán de Nanociencia e Nanotecnoloxía, o Servizo Madrileño de Saúde, a Universidade Complutense de Madrid ou a Consellería de Saúde e Familia da Junta de Andalucía.