Pantera 4503, novo pulverizador autopropulsado de Amazone

Amazone presenta a novo Pantera 4503, un pulverizador autopropulsado co novo Comfort-Pack 1 e un innovador sistema de guiado das barras.

No corazón da Pantera 4503 atópase o probado motor Deutz de 6 cilindros que desenvolve 218 CV. O motor en liña, con turbo e arrefriamento por aire, co seu rendemento óptimo e grazas ao sistema ECO de xestión do motor, asegura o consumo mínimo de combustible. Se se require potencia adicional, por exemplo, ao traballar en pendentes, o operador pode activar o modo Power.

Ademais, cumpre coa normativa de emisións Fase 5. Amazone conta coa recirculación dos gases con catalizadores de oxidación e filtro de partículas diésel para axudar a protexer o medio ambiente. Co Comfort-Pack 1 no novo Pantera e co TwinTerminal 3.0 debaixo do panel do operador, traballar coa máquina é aínda máis cómodo.

Co novo guiado de barras ContourControl, Amazone ofrece unha tecnoloxía innovadora, que cumpre coa demanda de maior velocidade de traballo sen deixar de lado a máis alta precisión de aplicación.

Máis información no seu comunicado