CAMBIO DE SALA CON GEA

Muxir o dobre de vacas no mesmo tempo

A gandería cordobesa Hermanos García García (Añora) decidiu apostar polo crecemento hai aproximadamente uns dez anos. Situados orixinalmente preto do centro da localidade e cunhas 80 vacas en muxidura, estaban moi limitados para ter máis animais, polo que decidiron comprar un terreo a dous quilómetros e construír unhas instalacións novas.

Ao tomar esta decisión, era imprescindible deixar de traballar coa sala 7x2 en espiña de peixe que tiñan e decantáronse por unha sala paralela GEA Global 90 12x2 de saída rápida.

Co cambio, en 2018, pasaron en pouco tempo dos 80 animais en lactación a 212. Tras este incremento, destacan tres beneficios: maior rapidez e comodidade no muxido, máis confort nos animais e mellor toma de decisións grazas aos datos facilitados pola sala e os podómetros CowScout.

Actualmente traballan na gandería os seus dous propietarios, os irmáns José María e Rafael García; a parella deste, Rocío Sánchez; o seu fillo, Adrián Sánchez, e o seu sobriño, Jesús Sánchez. Falamos con todos eles e con Moisés Díaz, da empresa José María Díaz Cobos, distribuidora de GEA en Valle de los Pedroches, e Juan Alpiste, delegado de posvenda de GEA no sur de España e Canarias.