Orbenin® A: unha opción responsable para tratar as mamites por Gram+

Orbenin® A: unha opción responsable para tratar as mamites por Gram+

Zoetis lanza Orbenin® A, un intramamario de lactación a base de cloxacilina para o tratamento das mamites clínicas e subclínicas producidas por estreptococos e estafilococos, principais patóxenos responsables desta patoloxía.

O principio activo de Orbenin® LA pertence á categoría D na clasificación de antibióticos que realiza a Axencia Europea do Medicamento, é dicir, aqueles que deben usarse, sempre que sexa posible, como primeira intención. Desta forma, con Orbenin® LA Zoetis pon a disposición do profesional do vacún de leite unha opción responsable para tratar as mamites por Gram+. A cloxacilina é un antibiótico bactericida que pertence á familia das penicilinas, especificamente adaptado para combater as bacterias Gram+, incluíndo cepas de estafilococos resistentes ás penicilinas.

Máis información na nota de prensa emitida pola compañía