EN VÍDEO

Obxectivo: máis calidade de vida

Carmen María Fernández e César López son propietarios, xunto á nai deste, Ángeles Queipo, de Ganadería Ance SC (Tineo, Asturias) e robotizaron o muxido da súa granxa hai pouco máis dun ano na busca de mellorar a súa calidade de vida.

Ademais de cambiar a sala que tiñan polo robot, apostaron por traballar cos colares CowScout e co sensor de células somáticas M6850 para o seu óptimo control de calidade de leite. Viaxamos ata Tineo para que nos contasen a súa experiencia co DairyRobot R9500 de GEA e falamos tamén con Susana Casado, a súa veterinaria de calidade de leite, e con Ana de Anta, herd manager de GEA en Asturias.

Reportaxe completa en Vaca Pinta 21

Entrevistas en vídeo