“Nutrición Sustentable”, de Nanta, cumpre dous anos de servizo

“Nutrición Sustentable”, de Nanta, cumpre dous anos de servizo

O proxecto “Nutrición Sustentable” de Nanta, con eixo central na súa páxina web e nas auditorías en granxa, cumpre dous anos concienciando a gandeiros e veterinarios de que outra produción é posible, igual de rendible pero máis sustentable e comprometida coa redución de antibióticos en gandaría, sempre aliñado coa estratexia One Health da que o sector é unha parte importante.

A través da información e formación sobre unha alternativa produtiva eficiente, que mellore a sanidade e racionalice o uso de antibióticos, a través da nutrición, as instalacións, o benestar animal e a formación dos traballadores das explotacións, “Nutrición Sustentable” rendeu neste tempo os seus primeiros resultados. Así, a compañía conseguiu diminuír un 18 % o uso de antibióticos en penso, cifra que se eleva ao 68 % en porcino e ao 56 % en coellos. Un esforzo moi relevante, especialmente nas granxas cunícolas, debido a E.coli multiresistentes, dada a especial conxuntura no emprego de colistina.

Ademais, salvo prescricións excepcionais, elimináronse as medicacións con máis dunha premezcla e fíxose un gran esforzo na realización de antibiogramas, destacando novamente a cunicultura (con máis de 400 analíticas realizadas).