Unha boa estratexia de abonado con fertilizantes de liberación controlada axudaranos claramente na loita contra as malas herbas, achegándonos unha boa implantación do cultivo e asegurándonos chegar ao final deste co N necesario para aproveitar toda a capacidade produtiva do noso millo.
A aposta de ICL para millo está baseada nun concepto: optimizar, por iso é polo que falamos de Agromaster Optimizado. As tecnoloxías usadas no cultivo de millo son Poly-S e E-Max, para encapsular nitróxeno en forma ureica, proporcionando dispoñibilidade para a planta de tres formas de N durante todo o ciclo do cultivo. Desta forma a planta pode elixir a forma de N máis conveniente en cada momento e optimizar así os seus recursos.
Vantaxes da aplicación de Agromaster Start Mini
Temos que ter en conta que, como nos comentan moitas das empresas que comercializan herbicidas, hai que loitar contra estas malas herbas resistentes desde varios enfoques e, un deles, é a fertilización localizada na semententeira, pondo en vantaxe a semente de millo sobre o resto de sementes de malas herbas presentes na parcela. Se realizamos abonados a toda a superficie, sen localizar o fertilizante, estamos a favorecer a proliferación destas malas herbas sobre as nosas parcelas. O máis indicado, por tanto, é fertilizar e nutrir o cultivo que imos implantar e que este sexa o que reciba a maior achega de nutrientes.
A idea básica de Agromaster é usar as materias primas da maneira máis eficiente posible coa mellor tecnoloxía de liberación controlada, as materias primas máis puras, así como coa formulación de fertilizantes coa maior cantidade posible de unidades fertilizantes por tonelada. O que queremos almacenar, transportar e repartir nas nosas leiras son minerais que alimenten o noso millo e non materia prima con apenas achega de nutrientes.
A terceira pata para a optimización é a fabricación a medida do fertilizante máis adecuado segundo as analíticas de cada leira.
- N con tecnoloxías de liberación controlada E-Max/Poly-S
- Equilibrios con moitas UF
- Materias primas da máxima calidade
- Tres tipos de N dispoñibles durante todo o cultivo
- O abono máis rendible e seguro baixo calquera condición climática
Tipos de fertilizante localizado para usar nas sementeiras
Que tipo de fertilizante usar? Desde ICL Specialty Fertilizers a recomendación é utilizar un fertilizante de sementeira de forma localizada, xunto á semente, e que teña unha parte do nitróxeno e do fósforo de forma controlada, o que denominamos fertilizantes de liberación controlada. É moi importante que o nitróxeno nos dure e, tamén, que o fósforo aplicado non se bloquee no chan por un pH elevado. Para iso, ICL conta coa tecnoloxía E-Max, específica para o encapsulado de nitróxeno, e a tecnoloxía Poly-S. Ambas son a clave para que a liberación controlada destes nutrientes sexa eficaz e duradeira.
Recomendamos utilizar formulacións altas en nitróxeno e fósforo do tipo:
- Agromaster Start Mini 21-21-5+Mg de 2-3 meses de lonxevidade.
Dose que debo aplicar
No caso dos fertilizantes de liberación controlada e aplicados de forma localizada, tipo Agromaster Start, podemos aplicar unha dose de 50 kg/ha, algo moi importante á hora de controlar a eficiencia e eficacia dun fertilizante de sementeira.
Aplicar estas doses baixas en sementeira é unha forma de mellorar o medio ambiente e, sobre todo, de evitar a contaminación das zonas xa vulnerables.
Tipos de Agromaster Optimizado para unha soa aplicación
Desde ICL Specialty Fertilizers apostamos por dúas liñas de traballo:
1. Unha gama coas formulacións que consideramos máis adecuadas para o millo nos nosos chans, sempre con tecnoloxía de liberación controlada E-Max e coa maior cantidade de unidades fertilizantes por tonelada posible. Así, evitamos usar cargas non útiles para as nosas plantas.
Formulacións Agromaster:
30-11-11 25 % LCN con E-Max
27-10-10 25 % LCN con E-Max
2. A fabricación a medida do Agromaster Optimizado máis adecuado para cada finca. Para iso, apostamos por un servizo personalizado con visitas dos nosos enxeñeiros, previa realización de analíticas e confirmación de cita co noso distribuidor en cada zona. No caso de Galicia sería Protección Verde, con teléfono de información 981 732 852.