AMAZONE

Novos pulverizadores suspendidos UF 1002 e UF 1302

Amazone –marca importada en exclusiva por Farming Agrícola para España e Portugal– amplía a súa gama de pulverizadores suspendidos UF 02 con dous novos modelos. O UF 1002 ten un volume nominal de 1.000 litros e un volume real de 1.100 litros, mentres que o UF 1302 ten un volume nominal de 1.300 litros e un volume real de 1.400 litros. Ambos os modelos poden equiparse coas barras de pregado lateral Q-Plus, con anchos de traballo de 12 a 15 metros, ou cos pregados verticais Super-S1 ou S2, con anchos de traballo de 15 a 30 metros. A gama dos UF 02 conta así, a partir de agora, con depósitos desde os 1.000 ata os 2.000 litros. Os veteranos UF 901 e UF 1201, na gama media de prezos, permanecerán tamén entre a oferta de pulverizadores suspendidos de Amazone.

Máis información na nota de prensa difundida pola compañía