Novo spot da InLac para incentivar o cosumo de lácteos de orixe nacional

A nova campaña "Te lo Agradece" da Organización Interprofesional Láctea (InLac) promove o consumo de alimentos lácteos de orixe española como unha forma de apoiar o relevo xeracional, garantir a viabilidade do sector lácteo e o futuro rural. O mensaxe destaca a importancia de elixir lácteos españoles para impulsar a economía, o emprego, a sostibilidade ambiental e a supervivencia das zonas rurais.

Segundo datos de 2023, España importou produtos deste tipo por un valor de máis de 2.727,5 millóns de euros, o que resalta a necesidade de favorecer os lácteos de orixe nacional. Así pois, a campaña enfatiza que ao elixir produtos lácteos españoles apoiamos non só a economía local, senón tamén a preservación da cultura gastronómica e a identidade rural. Ademais, recolle as declaracións de expertos e entidades como a Fundación Española de Nutrición, que recomenda consumir polo menos 3 racións ao día e destacan o seu papel como fonte de nutrientes esenciais nunha dieta equilibrada.

A campaña difundirase a través de televisión convencional e dixital, radio, puntos de venda e plataformas de comercio electrónico, co obxectivo de chegar a máis de 250 millóns de persoas e alcanzar unha cobertura do 88,5 % na súa primeira fase, que se desenvolverá entre abril e maio.