Claas presenta as novidades da súa empacadora Quadrant Evolution, lanzada en 2021, que poderá ser equipada cun novo picador dianteiro Müthing e incorporará un tren de transmisión cun volante de inercia máis desenvolvido a partir da tempada 2023. Ademais, dos tres modelos -4200, 5200 e 5300-, os 5200 e 5300 terán un accionamento hidráulico para o pickup e o Power Feeding System (PFS).
Ademais destas características engadidas, para a nova campaña Claas tamén presenta innovacións en cando ás rodas guía do pick- up, que se pregan de forma hidráulica e totalmente automática. Así, antes de saír á estrada, o condutor non ten que baixarse para pregar e bloquear manualmente as rodas guía.
Da mesma forma, as Quadrant 5200 e 5300 aumentaron a masa do volante de inercia co obxectivo de amortecer os picos de carga, protexer a cadea cinemática da empacadora e do tractor, e protexer eficazmente o accionamento contra a sobrecarga, como alternativa á protección estándar mediante parafusos de seguridade.
Como última novidade, a partir do ano 2023, os dous modelos Quadrant dos que falamos anteriormente poderán ser equipados en fábrica cunha nova picadora frontal Müthing con 88 coitelas reversible dispoñible de fábrica.
Con todo, Claas tamén ofrece para as Quadrant da próxima tempada un novo depósito de auga de lavado, nova caixa de almacenamento e nova caixa de ferramentas.