Nitrogel MG, o terceiro produto en formato xel de Fertimón Tech-Soaga

Nitrogel MG, o terceiro produto en formato xel de Fertimón Tech-Soaga

Fertimón Tech-Soaga acaba de lanzar ao mercado o seu terceiro produto en formato xel, Nitrogel MG, que complementa aos clásicos Fertimón Verde e Fertimón Vermello. Neste caso, trátase dun xel azul a base de nitróxeno, magnesio e xofre indicado especialmente para hortícolas durante as fases iniciais do crecemento vexetativo, mesmo en épocas nas que as condicións térmicas non son as idóneas. Tamén se pode mesturar con fitosanitarios ou outros produtos, dada a súa rápida absorción foliar, para aforrar tempo e para aumentar a súa taxa de absorción.

Nitrogel MG presenta unha formulación única no mercado a base de materias primas de alta calidade xunto con axentes dispersantes e de suspensión, facilitando a súa absorción tanto foliar como radicular, unha excelente formación e calidade de caldos de aplicación, e doutra banda, unha elevada efectividade como nutriente. O formato xel permite aplicación en rega e en pulverización foliar, asegurando unha adherencia e absorción case inmediatas. Non precipita, non cristaliza e non se bloquea.

Este novo produto inclúe precursores do metabolismo vexetal que axudan a incrementar a resistencia da planta e a un maior aproveitamento das unidades fertilizantes. O seu equilibrio balanceado de nitróxeno, magnesio e xofre está indicado nos procesos de crecemento vexetativo. Recoméndase a aplicación foliar e en rega en todo tipo de cultivos durante a época de desenvolvemento vexetativo.

Máis información do produto