A multinacional de orixe italiana New Holland celebrou o pasado mes de outubro en Madrid a súa convención anual de concesionarios, onde se reuniron máis de 170 persoas entre persoal da marca e directivos. No acto estiveron presentes Carlo Lambro, presidente mundial de New Holland, e Sean Lennon, vicepresidente comercial da firma para Europa, entre outras autoridades.
Durante o primeiro día, a marca revisou os datos máis significativos nas diferentes escalas. Carlo Lambro mostrouse optimista polo equilibrio de facturación nos diferentes continentes, crecendo especialmente en Norteamérica e Sudamérica. Tamén desvelou algúns proxectos, entre os que as novas adquisicións de empresas punteiras como Monarch, Raven e Sampierana cobran gran relevancia á hora de dotar ás máquinas do futuro de alternativas de mobilidade e unha maior integración dos sistemas de automatización. Así mesmo, directivos da filial española debullaron as prioridades dos plans de recambios, servizo, mercadotecnia e PLM (agricultura de precisión), con interesantes novidades que captaron o interese da rede de concesionarios.
A segunda xornada estivo centrada nos proxectos destinados a facer crecer á rede de concesionarios e aumentar a súa rendibilidade. Neste apartado presentáronse interesantes iniciativas a nivel de xestión, como os proxectos de DMS, que permiten ás concesións un manexo moi preciso do seu negocio, ou as novas ferramentas CRM, que facilitan a xestión dos contactos que se xeran a través das diferentes canles e fan máis fácil o seu seguimento durante toda a experiencia de compra dos clientes.