New Holland amosa todo o seu potencial en Demoagro 2023

Demoagro, a maior feira agrícola de demostracións de maquinaria de toda Europa, celebrouse o pasado mes de maio durante os días 23 ao 25 na localidade valisoletana de Rueda e cun éxito rotundo de asistencia. Os máis de 30.000 asistentes que acudiron durante o tres días do evento foron testemuñas da exhibición de novidades mostradas por parte de New Holland como unha das marcas líder en maquinaria agrícola.

Para esta cita New Holland contou con dúas áreas demostrativas: a zona de traballo de recolección-solo e a zona de viña, pero o protagonismo centrouse na presentación dos últimos modelos de tractores equipados con tecnoloxía de vangarda: o novo tractor T7.300 PLM Intelligence, que é o tractor máis potente e compacto no seu segmento de potencia con 300 CV para tarefas de transporte e con TDF e o T7 Heavy Duty PLM Intelligence, co seu potente rendemento, excepcional axilidade e a extraordinaria versatilidade que caracterizan a este tractor e que ofrece unha experiencia de traballo superior coa nova cabina Horizon Ultra e as funcións PLM Intelligence de última xeración.

Ademais, na parte estática, e como líderes de recolección, New Holland mostrou os modelos máis representativos do "poder amarelo", como a colleitadora CX, unha impoñente BigBaler 1270 Plus Density e a nova rotoempacadora Prol-Belt. Tamén o apartado de agricultura de precisión tivo o seu lugar no estand, mostrando diferentes ferramentas, aplicacións MYPLM Connect e os novos produtos de Raven xunto cun simulador do posto de condución para comprobar de primeira man as múltiples posibilidades que desde a marca se ofrecen para a mellora da eficiencia do traballo do agricultor.

Para completar a súa mostra de produtos, New Holland tivo presente o T6.180 Methane Power, único tractor comercializado do mundo capaz de propulsarse con 100 % biometano, como solución máis innovadora e respectuosa co medio ambiente, e que foi partícipe das demostracións nas zonas comúns que se desenvolveron durante as horas centrais de cada día.