O cultivo de millo é moi esixente en nutrientes principais como son o nitróxeno, que é o motor do seu crecemento, xa que é o compoñente principal dos aminoácidos que integran as proteínas; o fósforo, que é a fonte de enerxía necesaria para o desenvolvemento do cultivo e para un bo enraizamento, e o potasio, cuxo papel máis importante é o proceso de traslado de azucres, que son os que a planta mobiliza no momento do enchido de grans.
A estas necesidades de NPK do cultivo, hai que engadir as condicións especiais do millo en zonas como Galicia, que están marcadas por dúas características agronómicas claves: o ciclo curto do cultivo e a elevada pluviometría da zona. Así, os produtores de millo para ensilado buscan aplicar dunha soa vez todos os nutrientes que necesita o cultivo e, o que é máis importante, que os non se perdan no chan polo efecto de lixiviación provocado por unha choiva excesiva.
Para responder a estas condicións especiais do cultivo, Fertiberia TECH conta coa súa gama Nergetic Dynamic que, nunha soa aplicación, pon a disposición do millo para ensilado o nitróxeno, fósforo e potasio que necesita durante todo o ciclo. Ademais, esta gama incorpora a nova tecnoloxía Duo Prol, que conta con dúas tecnoloxías innovadoras para protexer o nitróxeno e o resto de nutrientes, permanecendo activos no chan durante máis tempo. Por outra banda, a disolución dos nutrientes de Dynamic nun xel específico consegue que estean dispoñibles para a planta mesmo en condicións de baixa pluviometría en determinados momentos do ano.