Nasym, a vacina de Hipra fronte ao virus respiratorio sincitial bovino

Nasym, a vacina de Hipra fronte ao virus respiratorio sincitial bovino

Hipra presentou en Zaragoza a súa nova vacina fronte ao BRSV, o virus respiratorio máis prexudicial en gando bovino: Nasym, cuxo rexistro entrou en vigor o pasado 29 de xullo.

A sesión comezou cunha didáctica explicación do BRSV e a súa complexidade dentro do SRB (Síndrome Respiratorio Bovino) a cargo de Jaime Maldonado, responsable do centro de diagnóstico Hipra Diagnos e da Unidade Científica de Apoio a Marketing.

Pola súa banda, M.ª Carmen Moreno, responsable do desenvolvemento de Nasym, resumiu os máis de 10 anos de investigación que foron necesarios para producir a vacina, así como as probas de campo que demostraron unha redución dos síntomas clínicos respiratorios nun 89 %.

A presentación da vacina e todas as súas características correu a cargo de Pere Ordis, jefe de Servizos Técnicos e Marketing de Hipra España, quen destacou algúns puntos importantes: o BRSV é o virus máis prevalente no Complexo Respiratorio Bovino, Nasym pode ser empregada indistintamente vía intranasal e intramuscular, permite unha vacinación segura, eficaz e temperá e reduce visiblemente os síntomas clínicos respiratorios e a excreción viral, ofrecendo ademais unha inmunidade de longa duración.