Nanta súmase á iniciativa REDUCE do PRAN

Nanta súmase á iniciativa REDUCE do PRAN

A iniciativa REDUCE, do Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos, consiste nunha serie de programas para a redución voluntaria do consumo de determinados antibióticos en diferentes especies, orientados a mellorar substancialmente a situación da resistencia bacteriana na área veterinaria.

“A incorporación de Nanta ao programa REDUCE é unha mostra máis do compromiso da compañía coa sustentabilidade das producións gandeiras, plasmado no seu proxecto Nutrición sustentable, posto en marcha en 2015”, afirman desde a multinacional.

En www.nutricionsostenible.com, é posible tamén descargarse as Infografías REDUCE, cos obxectivos para diferentes especies (coellos, cordeiros e cabritos, pitos e xatos) e outras sobre o “Compromiso Reduce” por parte de gandeiros e veterinarios.

Nota de prensa completa

Ver infografía