Nanta puxo o foco sobre a responsabilidade dos negocios co medio

Nanta puxo o foco sobre a responsabilidade dos negocios co medio

Este xoves Nanta celebrou en Madrid dúas charlas conducidas pola presentadora Silvia Jato e centradas na responsabilidade dos negocios co medio, na transformación dos mesmos e na importancia de conectar coa Xeración Z, integrada por un grupo de rapaces están especialmente comprometidos coa sustentabilidade, o medio ambiente e o benestar animal.

No primeiro faladoiro participaron un grupo de mulleres expertas en áreas como a medicina veterinaria, a medicina humana e a industria automobilística para charlar sobre a responsabilidade dos negocios co medio. Interviñeron Merel Postma (Chain Quality M@livar), Cristina Muñoz (Plan Nacional de Resistencias Antibióticas na Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios), Rosa del Campo (Hospital Ramón y Cajal) e Mar Pieltain (Toyota).

Na segunda charla, centrada na evolución e adaptación do consumo ao contexto  actual, tomaron a palabra Jorge Amor (influencer), José Luís Nueno (IESE Business School) e José Villalón (Nutreco).