Nanta presenta a páxina web da súa Granja Circular

Nanta presenta a páxina web da súa Granja Circular

Xa está dispoñible a páxina web de Granja Circular, a proposta de Nanta para contribuír á sustentabilidade da gandería. Trátase dun espazo de información e consulta para todos aqueles interesados en coñecer máis en profundidade que ofrece este plan a través dun contido didáctico e atractivo no que se mostran as claves da gandería do futuro: que é a certificación Granja Circular, como se implanta, cal é a clasificación de granxas, como é posible obter a validación de Aenor…

Partindo dos alicerces que conforman Granja Circular (económico, social, ambiental e benestar animal) e do decálogo de boas prácticas, quedan reflectidos os principais beneficios de formar parte da comunidade de Granja Circular.

SECCIÓNS DESTACADAS

Unha das principais seccións da web é o servizo de consultoría en granxa, que axuda os gandeiros a implantar a sustentabilidade en todos os seus procesos dentro do modelo de Granja Circular e permite solicitar de forma gratuíta o cálculo do impacto ambiental de carbono da granxa.

Na web tamén se explica que é unha Declaración Ambiental de Produto (DAP) e por que representa un método para dar valor ás producións dos gandeiros.

Outro apartado destacado é o relativo á redución do uso de antibióticos, que inclúe manuais de boas prácticas, informes de resultados en granxas, testemuños, infografías e artigos de interese.

Tamén é posible descargarse o libro branco da sustentabilidade Sentido y sostenibilidad, no que se explica con maior detemento o cambio climático e cal é o impacto real da gandería no mesmo.