O 5 de outubro, a partir das 18:00 horas, Nanta ofrecerá un seminario online sobre dous puntos clave na recepción de xatos mamóns: evitar a deshidratación e asegurar un bo estado de saúde dixestiva, ambos os dous decisivos á hora de previr posibles patoloxías e garantir a viabilidade e bo crecemento dos xatos para ser enviados ao cebadeiro.
A xornada contará coa participación de dúas expertas na materia: Juliette Wilms e Vitoria Sanz, investigadoras no Ruminants Research Center (RRC) de Nutreco. Wilms afondará nas estratexias de rehidratación en xatos, xa que a deshidratación é unha das causas máis comúns de baixas na fase de recepción de mamóns; mentres que Sanz analizará as repercusións do estado de saúde intestinal sobre a produción.