Nanta ofrece un servizo de consultoría integral a través de Granja Circular

A través de Granja Circular, o proxecto de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandería, a compañía pon a disposición do gandeiro un completoservicio de consultoría integralco que coñecer o impacto ambiental da súa granxa dunha forma rápida e sinxela.

Como parte dun dos seu catro alicerces fundamentais (sustentabilidade económica, social, ambiental e benestar animal), resulta fundamental a medición do impacto ambiental das granxas e a súa relación co cambio climático. Desta forma, Nanta ofrece de forma gratuíta a posibilidade de consultar unha primeira aproximación sobre o impacto ambiental de carbono dunha granxa, co obxectivo de detectar áreas de mellora e levar a cabo unha produción competitiva á vez que sustentable.

Tan só é necesario cumprimentar un sinxelo arquivo dispoñible na web de Granja Circular no que se requiren datos xerais e fáciles de obter (mesmo para aquelas granxas que non fan habitualmente un seguimento pormenorizado) acerca da ficha técnica da granxa e o seu plan de alimentación. O modelo calcula as emisións (nitróxeno, metano e fósforo), así como o impacto ambiental de carbono, por unidade ou tipo de animal ao ano e por granxa ao ano.

Con Granja Circular Nanta quere apoiar aos gandeiros para que desenvolvan e implementen solucións prácticas e innovadoras para converterse en parte da solución para limitar o cambio climático, e mellorar os seus resultados ambientais, económicos e sociais.