Nanta diminúe un 18 % o uso de antimicrobianos no penso

Nanta diminúe un 18 % o uso de antimicrobianos no penso

Nanta acaba de facer públicos os resultados das accións realizadas durante 2017 para reducir o uso de antimicrobianos na gandería. Con respecto aos datos de 2016, a compañía reduciu un 18 % o uso total, destacando especialmente a avicultura e o porcino como motores desa redución –68  e 23 %, respectivamente–. Hai que destacar tamén, dadas as complicacións habituais nesta especie, o grande esforzo realizado en cunicultura, cunha redución do 16 %.

Por outra banda, salvo prescricións excepcionais, elimináronse as medicacións con máis dunha premestura e fíxose un grande esforzo na realización de antibiogramas, destacando novamente a cunicultura (con máis de 400 analíticas realizadas).

De forma paralela, Nanta publicou o Informe de Auditorías en Granxa correspondente ao exercicio 2017, contemplado no proxecto ‘Nutrición sustentable’ (www.nutricionsostenible.com). O devandito informe recolle os resultados da análise levada a cabo por expertos de Nanta desde o lanzamento do proxecto ata decembro de 2017 nun total de 256 granxas españolas.

Nota de empresa completa