Nanta Dairy Start, o programa para a optimización do benestar e a lonxevidade das vacas

Nanta Dairy Start, o programa para a optimización do benestar e a lonxevidade das vacas

Nanta lanza Dairy Start, un completo programa para optimizar o benestar e a lonxevidade das vacas leiteiras atendendo ás súas necesidades especiais no período seco e de transición. Trátase dun modelo integral de traballo para asegurar unha transición adecuada das vacas á lactación, sustentado sobre tres alicerces fundamentais: nutrición, benestar e sanidade.

O programa Start de Nanta busca axudar os gandeiros que se preocupan por mellorar a rendibilidade do seu rabaño e simplificar o manexo na granxa, á vez que miran polo benestar e a saúde do seu gando. A clave para maximizar o potencial de produción do rabaño é incrementar a vida útil produtiva das vacas e a da súa descendencia. Para iso débese prestar atención a aspectos crave das fases de secado e transición, dados os cambios fisiológicos, metabólicos e nutricionais que os animais experimentan durante este período de tempo e que impactan directamente no seu ciclo produtivo e reprodutivo.

Así, Nanta Dairy Start analiza dez destes aspectos (auga, cama, instalacións, manexo, maternidade, nutrición, ración, saúde, puntuación da condición corporal e calostro) a través da medición de puntos de control para os que se propón solucións de nutrición. O resultado final é un índice START da granxa, en cuxa avaliación se ponderan o tres aspectos crave do programa (nutrición, benestar e sanidade), que reflicte o estado dos seus programas de secado e transición.