Nanta Dairy Robot optimiza o rendemento do robot de muxido

Nanta Dairy Robot optimiza o rendemento do robot de muxido

Nanta presenta Nanta Dairy Robot, programa integral de nutrición e asesoramento para optimizar o rendemento do robot de muxido e mellorar a rendibilidade da granxa. Comprende unha ampla gama de pensos deseñados en exclusiva para ser empregados no robot de muxido, servizos de consultoría para aumentar a eficiencia e os resultados da granxa e avaliacións e monitorización continua dos principais parámetros da granxa e indicadores dos robots de muxido para identificar puntos de mellora.

O programa Nanta Dairy Robot engloba unha completa gama de pensos para robot de muxido. Caracterizados pola coidada selección de ingredientes de calidade, a excelente palatabilidade e unha gran dureza. Ademais, Nanta ofrece a posibilidade de deseñar solucións nutricionais adaptadas ás condicións de cada granxa, en función da xenética dos animais e o rendemento do rabaño e, adicionalmente, os técnicos de vacún leiteiro de Nanta conta con equipos de nutrición de precisión portátiles para a análise in situ das forraxes.

Outro dos alicerces de Nanta Dairy Robot é o asesoramento e a consultoría para mellorar o manexo dos robots de muxido. Así, a compañía conta cun excepcional equipo de técnicos especialistas en granxas con robot de muxido.

Finalmente, grazas á monitorización e avaliación de diversos parámetros e indicadores que ofrecen os robots de muxido é posible detectar oportunidades de mellora para a granxa. Este é o fundamento de Nanta Dairy Robot: extraer aquela información relevante coa que detectar dunha maneira máis fácil que aspectos tratar e mellorar.