Nanta aposta con Biofeed por unha produción ecolóxica de calidade

A alimentación ecolóxica responde a unha crecente demanda na que os consumidores reclaman alimentos máis saudables e producidos de maneira sostible. Baixo esta premisa Biofeed, de Nanta, conta cos amplos coñecementos e avances da empresa no que a investigación e desenvolvemento de solucións nutricionais innovadoras e seguras se refire, e apoia a produción orgánica local, garantindo a produción de alimentos saudables e sustentables de alta calidade.

Biofeed está composto por unha completa gama de pensos ecolóxicos para algunhas das principais especies de produción (rumiantes, porcino, aves, coellos e cabalos) formulados con óptimos niveis de nutrientes de gran calidade.

No caso do vacún de leite, os pensos Biofeed aseguran a alta produción e a calidade de leite, e unha elevada inxesta de materia seca, mediante unha formulación en granulado moi palatable con alta densidade enerxética, proteína e un aporte suficiente de minerais e vitaminas.