Nace soloExtensivo, o grupo de expertos en vacún extensivo liderado por Boehringer Ingelheim

Nace soloExtensivo, o grupo de expertos en vacún extensivo liderado por Boehringer Ingelheim

O 21 de novembro, Madrid foi a cidade elixida para celebrar o acto fundacional do grupo de expertos en vacún extensivo liderado por Boehringer Ingelheim. Nesta reunión fíxose a presentación oficial dos membros do grupo e establecéronse as bases de traballo dos próximos meses.

Baixo a denominación de soloExtensivo, o grupo está formado por veterinarios procedentes de diferentes puntos de España. Todos eles teñen en común a súa dedicación, pois a súa actividade profesional se central total ou parcialmente no vacún extensivo.

O obxectivo de soloExtensivo é servir de punto de encontro para compartir experiencias, coñecemento e inquietudes acerca da produción de vacún de extensivo no noso país.