Nace De Heus Kids, a iniciativa que achega a gandería aos máis pequenos

De Heus Nutrición Animal España lanzou a plataforma web De Heus Kids para achegar o sector gandeiro aos máis pequenos da casa. A páxina combina un deseño divertido cunha intención didáctica, e o seu obxectivo é que os nenos aprendan xogando. Así, con esta nova web, a compañía trasládalles a importancia do coidado dos animais, do medio ambiente e dunha alimentación saudable e equilibrada.

A páxina web consta de seis apartados principais, coas ensinanzas de dous nenos, Ana e Dani, como fío condutor. Son, ademais, os protagonistas dunha serie de vídeos animados nos que visitan granxas de distintos animais e dialogan sobre as súas particularidades.

Con motivo deste lanzamento, De Heus Nutrición Animal e New Holland puxeron en marcha, de maneira conxunta, un concurso de debuxo dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos co obxectivo de promover a importancia da gandería e a agricultura. Para acceder a toda a información, visita esta páxina web.