Nace Biofeed: alimentación ecolóxica coa confianza de Nanta

Biofeed é a nova marca de Nanta que conecta a tradición coa innovación e a seguridade. Trátase de pensos ecolóxicos, sustentables e de alta calidade para cubrir as necesidades dos produtores de alimentos e os requirimentos dos consumidores, cada máis esixentes coa orixe e composición dos alimentos que consomen. 
Elaborados con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica, Biofeed é unha marca comprometida coa produción local orgánica. Así, Biofeed é o elo de confianza de Nanta que garante a produción de alimentos ecolóxicos de alta calidade, apoiados pola experiencia da compañía e os bos resultados técnicos obtidos tras os seus primeiros meses de aplicación. 
Biofeed conta co respaldo, a confianza e os máis de 50 anos de experiencia de Nanta, compañía líder no mercado español de pensos compostos, que, no seu compromiso coa investigación e o desenvolvemento de solucións cos máis altos niveis de seguridade, trazabilidade e calidade, e a súa aposta pola mellora continua, lanzou esta innovadora alimentación sustentable adaptada ás necesidades actuais do mercado e os consumidores.