A situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir actualmente no noso país e no resto do mundo está a obrigar ás empresas e á poboación civil a modificar as súas rutinas, que pasan, basicamente, por permanecer máis tempo en casa.
Desde Kuhn, cumprindo co establecido polo Goberno e para garantir a seguridade dos seus clientes e concesionarios, queren axudarlles aos agricultores e aos gandeiros a realizar as súas xestións desde a casa, grazas a ferramentas on-line que xa funcionan desde hai algúns meses, como MyKUHN.
Como facer o rexistro en MyKUHN?
- Pon no teu buscador o seguinte: www.mykuhn.com/es
- Vai ao botón: “Rexistrarse”
- Introduce o número de serie da túa máquina e segue as instrucións.
Máis información no comunicado íntegro de KUHN
Queres saber máis? Mira este vídeo