Mycosorb A+®, de Alltech, recibe a certificación de Carbon Trust

Carbon Trust validou que o uso correcto de Mycosorb A+ de Alltech pode mellorar o rendemento das especies gandeiras e acuícolas, xa que permite minimizar os efectos prexudiciais das micotoxinas. Engadido á dieta, Mycosorb A+ favorece a eficiencia alimentaria ao mellorar a absorción de nutrientes, estimular o consumo de materia seca e aumentar a produción.

Carbon Trust acreditou que estes efectos probablemente contribúan a reducir a cantidade de emisións de metano en rumiantes respecto dun punto de referencia válido e que, tanto en especies monogástricas como acuícolas, supoñan unha mellora da eficiencia e o rendemento dos animais.