MSD Animal Health únese á Semana Mundial da Inmunización en Gandería

MSD Animal Health únese á Semana Mundial da Inmunización en Gandería

MSD Animal Health únese á Semana Mundial de Inmunización na Gandería, unha iniciativa promovida pola Organización Mundial da Saúde e que do 24 ao 30 de abril destaca a importancia da vacinación na prevención de enfermidades.

A Semana da Inmunización está vencellada co Plan Nacional Contra a Resistencia Antimicrobiana, un programa estratéxico e de acción destinado a reducir o risco de selección e difusión da resistencia aos antibióticos e, en consecuencia, diminuir o impacto deste problema na saúde das persoas e dos animais, preservando de xeito sostible a eficacia dos antibióticos.

A inmunización de animais é fundamental para preservar a saúde das persoas, aínda máis tendo en conta que, segundo a asociación europea de industria medicamentos veterinarios AnimalHealth Europa, actualmente o 60 % dos patóxenos que afectan os seres humanos son zoonóticos e o 75 % das enfermidades emerxentes son de orixe animal, como a rabia ou a gripe aviar.

Como parte da campaña a empresa unha infografía e un vídeo informativo co que intenta concienciar sobre o traballo dos profesionais e a relevancia do traballo preventivo.