MSD Animal Health publica unha nova edición do seu histórico manual veterinario

MSD Animal Health publica unha nova edición do seu histórico manual veterinario

A compañía líder no sector da saúde animal, MSD Animal Health, deu a coñecer a nova edición en español do Manual Veterinario MSD, un clásico de referencia sobre os aspectos básicos da clínica dos animais de granxa e de compañía, que supón unha ferramenta fundamental para que os profesionais poidan realizar consultas rápidas. Trátase da undécima edición deste manual, que foi actualizado con respecto ao anterior.

Case 400 expertos veterinarios de 20 países participaron na elaboración deste manual. A traducción ao castelán da publicación foi realizada polo grupo Asís do grupo editorial Edra, así como por 64 veterinarios especialistas e profesores da Universidade CEU Cardenal Herrera, da Universidade Complutense de Madrid e da Universidade de Córdoba. Cabe destacar que o Manual Veterinario de MSD conta nesta undécima edición cunha nova sección dedicada á saúde pública. 

As oríxes desta publicación remóntanse ao ano 1899. Máis tarde, co incremento da presenza dos animais na sociedade e os avances na medicina veterinaria, MSD ampliou no ano 1955 o seu compromiso no ámbito da saúde e publicou por primeira vez o Manual Veterinario, dirixido aos profesionais médicos deste sector. Desde entón, esta guía converteuse en referencia para os veterinarios e outros profesionais relacionados co mundo animal.