ShutOut® 2,6 g suspensión intramamaria para vacas en secado é o selador de tetos de MSD Animal Health para a prevención de novas infeccións intramamarias durante o período de secado.
O período seco é unha fase de gran importancia no control da saúde do ubre, que pode determinar a prevalencia de mamites subclínicas nun rabaño e o risco de mamites clínicas ao comezo da lactación. Por iso, unha visión integral á hora de abordar o período seco é imprescindible. Este é o enfoque que está a traballar a compañía co seu Plan de Cinco Puntos no Manexo do Secado.
ShutOut® completa o portfolio de produtos para garantir a saúde do ubre de MSD Animal Health xunto aos antibióticos de secado (Cefa-safe® e Cepravin®), de lactación (Cobactan LC® e Mastiplan®), e os AINES de referencia (Finadyne® inyectable e Finadyne® Transdérmico). ShutOut® está dispoñible en dúas presentacións: 24 e 144 xiringas, para adaptarse mellor ás necesidades de cada granxa.
A través da lema Todas as vacas merecen un selador, MSD Animal Health quere concienciar sobre a importancia da prevención das novas infeccións intramamarias con ShutOut® en todas as vacas. Ademais, acorde coa nova regulamentación europea que entrará en vigor en xaneiro do ano que vén, recomenda o uso combinado dun antibiótico de secado xunto con ShutOut® unicamente naquelas vacas que requiran curar unha infección existente ao secado.