MSD Animal Health imparte un curso de ecografía pulmonar a técnicos europeos

MSD Animal Health imparte un curso de ecografía pulmonar a técnicos europeos

Os pasados 6 e 7 de novembro tivo lugar en Griñón (Madrid) unha xornada de formación en ecografía pulmonar organizada por MSD Animal Health, á que asistiron técnicos de vacún de nove países europeos.

Laura Elvira, xerente técnica de Ruminantes de MSD Animal Health, e Carolina Tejero, técnica veterinaria de Vacún de Leite de MSD Animal Health, foron as encargadas de levar a cabo esta formación.

Laura Elvira falou sobre a importancia de realizar unha abordaxe holística fronte ao Síndrome Respiratoria Bovino (SRB), pondo atención non só nos patóxenos, senón tamén no resto dos factores de risco que interveñen no establecemento da enfermidade.

O SRB é a enfermidade máis frecuente nos xatos de máis dun mes de vida, e o seu diagnóstico precoz é fundamental, polo que Carolina centrou o seu relatorio na ecografía pulmonar, ferramenta que permite mellorar o diagnóstico precoz e avaliar a gravidade das lesións.

Posteriormente, os asistentes desprazáronse a unha granxa de vacún de leite da zona, onde tivo lugar a formación práctica. Desta forma, os técnicos puideron pór en práctica todo o aprendido na sesión teórica.

A ampla experiencia de Carolina Tejero no uso da técnica de ecografía pulmonar, xunto coa súa dilatada experiencia no manexo da recría, convértena nun referente a nivel europeo nesta materia.