MSD Animal Health colaborou na xornada técnica das Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira

O pasado mes de setembro, Santiago de Compostela acolleu a xornada técnica das Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG), na que colaborou MSD Animal Health e á que acudiron preto dun centenar de profesionais do sector.

O primeiro bloque centrouse en como poñer en práctica o novo Real Decreto do Veterinario de Explotación. Logo, presentáronse os estudos publicados por MSD Animal Health durante o World Buiatrics Congress 2022, celebrado este ano en Madrid. Os relatores analizaron como manexar a prevención na recría para mellorar o balance económico e reducir o uso de antibióticos, e tamén trataron a importancia que ten a bioseguridade na protección da cabana gandeira.

Por último, membros de MSD explicaron como mostrear para diferenciar animais vacinados fronte ao virus da diarrea viral bovina (BVD) dos infectados, destacando a importancia da elección dos grupos de animais e achegando ferramentas que facilitan o labor ao veterinario. Así mesmo, expuxeron como os datos de monitorización recolleitos a través de dispositivos SenseHub® colocados nos animais poden ser de utilidade á hora de avaliar problemas reprodutivos que poidan ser ou non infecciosos, ou para identificar problemas de manexo nutricionais de causas infecciosas.