Mercarural, premiada pola súa estratexia de compras por AERCE

Mercarural, premiada pola súa estratexia de compras por AERCE

Mercarural –a unidade de negocio de Delagro especializada en punto de venda– foi galardoada cun accésit do premio El Diamante de la Compra, promovido pola Asociación Española de Profesionais de Compras, Contratación e Aprovisionamentos (AERCE), na categoría de Mellor Estratexia de Compras. O acto de entrega tivo lugar onte en Madrid e recolleu o premio Paco Ansede, responsable da unidade de negocio especializada en punto de venda.

El Diamante de la Compra é unha iniciativa de AERCE cuxos obxectivos son recoñecer o labor de persoas implicadas na función de compras e a institucións destacadas polo seu apoio e desenvolvemento da devandita función; ser unha clara ferramenta de divulgación das mellores prácticas empresariais e promocionar compras, como clave nas organizacións.

A partir deste xoves, Delagro/Mecarural unirá o seu nome ao doutras empresas galardoadas en anos anteriores como Acciona, Nestlé e Mahou San Miguel, entre outras.