“Melloramos as granxas para que pasen á seguinte xeración e para que poidan ter éxito nos vindeiros anos”

Durante a semana do 17 de outubro, Lely organizou en Santiago de Compostela o Red Cow Event, unha cita a nivel mundial bianual para gandeiros con granxas XL, no que realizan obradoiros e presentacións orientadas a axudarlles aos asistentes a mellorar o rendemento das súas ganderías. Con motivo deste evento, en Vaca Pinta 34 entrevistamos a Coert van Lenteren, xerente global do departamento de granxas XL de Lely, para coñecer máis sobre as temáticas principais da reunión e sobre a implantación da filosofía XL no mercado.