Medio milleiro de profesionais do vacún leiteiro se forman en secado selectivo

Medio milleiro de profesionais do vacún leiteiro se forman en secado selectivo

Coa inminente entrada en vigor do Regulamento 2019/6 do Parlamento Europeo sobre Medicamentos Veterinarios que, entre outros aspectos, prohibe o uso de antimicrobianos de forma preventiva, Zoetis reafirma o seu compromiso co sector vacún leiteiro para levar a cabo un uso responsable dos antibióticos e asegurar unha forma de secar ás vacas acorde á nova normativa coa campaña 'Terapia de Secado Selectivo'.

A través desta iniciativa, o pasado ano ofreceu tres seminarios formativos aos que asistiron máis de 500 veterinarios e gandeiros, varios talleres de discusión, un curso online e multitude de materiais de concienciación e información para aumentar o coñecemento acerca das novas esixencias legais e as alternativas a unha práctica de secado que debe cambiar e poñer a disposición dos veterinarios as ferramentas para tal fin.

A compañía tamén editou un completo manual como guía de consulta para comprender e interiorizar os principios desta práctica.