Medio cento de veterinarios reuníronse na sede de Boehringer Ingelheim España durante a I Xornada dos premios BVDzero

Medio cento de veterinarios reuníronse na sede de Boehringer Ingelheim España durante a I Xornada dos premios BVDzero

O pasado 27 de xuño, a sede de Boehringer Ingelheim España, situada na localidade catalá de Sant Cugat del Vallés, acolleu a I Xornada dos premios BVDzero. Así, a compañía abriu as portas das súas renovadas instalacións para celebrar, de forma presencial, un evento ao redor da convocatoria dos premios BVDzero.

Cun completo programa de relatorios, Nacho de Blas foi o encargado de iniciar a sesión. O profesor titular do Departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade de Zaragoza expuxo de forma didáctica a importancia da estatística e dos datos nos estudos de campo.

Posteriormente, fíxose unha ampla revisión e análise da BVD (diarrea vírica bovina) ao abordar o pasado, presente e futuro desta enfermidade desde tres puntos de vista: clínica, diagnóstico e control e epidemioloxía. Juanma Loste, de Albaikide: Susana Astiz, de Inia-Csic, e Javier Diéguez, da Universidade de Santiago de Compostela, abordaron o tema.

Na sesión de tarde, Manuel Cerviño, asesor técnico de Ruminantes de Boehringer Ingelheim Animal Health España, fixo un repaso do papel da vacina Bovela® na historia da BVD no país. Finalmente, na última parte da xornada, o protagonismo recaeu nos premios BVDzero. Javier Heras, Jordi Sangenís e Elvira Muñoz expuxeron os casos cos que foron premiados nas anteriores edicións desta convocatoria.