O pasado sábado 4 de outubro, Maxideza celebrou o acto de inauguración do seu novo concesionario en Lugo, situado na Estrada de Santiago N-540, n.º 77.
Durante o evento, os asistentes tiveron a oportunidade de percorrer as modernas instalacións e desfrutar dunha xornada chea de actividades, que incluíu aperitivos, sorteos e a actuación do humorista e actor Pepo Suevos.
