Massey Ferguson, unha marca global de AGCO, anuncia o lanzamento da nova Serie MF 3 Especialista, que inclúe versións deseñadas especificamente para proporcionar as dimensións, especificacións e potencia que encaixan con cada tipo de explotación de cultivos especiais.
Os tractores desta serie ofrecen as características que se axustan para realizar un traballo sinxelo e cómodo, cun rendemento óptimo a baixos custos. A serie MF 3 Especialista inclúe seis versións diferentes, cun novo modelo superior de 120 CV dispoñible para todoas as series, excepto a MF 3GE e a MF 3AL. Esta gama inclúe: MF 3VIN-Viñero, para uso nos viñedos máis estreitos; MF 3SP-Especialista, para viñedos tradicionais estreitos; MF 3FR-Frutero, para uso en viñedos extensos e en plantacións froiteiras; MF 3WF-Frutero Ancho, para froiteiros, viñedos en ladeira ou arboredos como o oliveiral ou a amendoeira e mesmo traballos en gandería con pa; MF 3GE-Bajo Despeje, para uso baixo as árbores, con copas pechadas en túnel e en viñedos en emparrados ou pérgolas, e MF 3AL-Alpine para viñedos máis anchos a 3 m ou arboredos.
A comodidade da cabina mellorouse considerablemente, con máis espazo para a cabeza e unha posición máis alta do asento, polo que aumenta a visibilidade sen afectar a altura total da cabina. Así mesmo, para mellorar a eficiencia e o rendemento de operación, hai unha nova transmisión Eco de 40 km/h de velocidades 30x15.
"Grazas ao noso contacto estreito cos clientes e a décadas de experiencia, temos un coñecemento profundo destes sectores especializados. Isto garante que os nosos deseños satisfagan as necesidades máis específicas, polo que os clientes non teñen que facer ningunha adaptación adicional para adaptar a máquina á súa explotación", di Jérôme Aubrion, Director de Mercadotecnia de Massey Ferguson en Europa e Oriente Medio.