Maschio Gaspardo Ibérica deu a coñecer a nova sementadora combinada universal Opera 600, que se presenta coa capacidade de realizar varias operacións no campo nun único movemento para maximizar a eficacia no proceso. Debido ás súas características, esta máquina permitirá mellorar a produtividade diaria e reducir os custos e o impacto medioambiental.
A sementadora, que foi exposta nas instalacións do Full Line Store de Ferreras, en León, conta cunha tolva presurizada de 5.100 litros e un chasis pregable, que permite pasar de seis a tres metros de ancho para facilitar o seu transporte. Está dispoñible nunha única versión con até 48 liñas, destinada a tractores de 240 a 360 cv.
A Opera 600 está dotada de tres seccións de traballo regulables de forma independente que combinan seis operacións nunha soa pasada, ao tempo que garante un maior grao de movemento para sementar de forma eficiente, incluso en terreo irregular.
Entre outros elementos, contén a presurización, a barra de sementeira X-Force, abreregos de dobre disco ou o accionamento eléctrico de isotronic co protocolo de comunicación Isobus para o seu control dixital.