Parte do equipo de Maschio Gaspardo de España e Portugal visitou, con varios clientes, as fábricas da compañía establecidas en Italia, en concreto en Morsano, Concordia, Cadonegne e Campodarsego.
O obxectivo da viaxe consistía en ter unha relación máis próxima e directa cos clientes e que coñeceran de primeira man a forma de traballo da empresa. Os asistentes comprobaron in situ a innovación nos procesos de fabricación e os controis de calidade que existen en cada unha das liñas de produción da firma.
"Para os clientes é moi importante que poidan ver os nosos centros produtivos e coñecer de preto ao fabricante. Esta experiencia sempre cambia a percepción de imaxe que teñen da compañía e aumenta dunha maneira exponencial a confianza na marca", comenta Sonia Ivanova, key account manager para España e Portugal.
Key Farms é un proxecto que trata de potenciar a relación comercial e o asesoramento ao concesionario para que personalicen as propostas e que os produtos ofrecidos cubran as necesidades e características particulares. "É o futuro das empresas agrícolas para coñecer as súas necesidades e axudalas a fomentar o crecemento da súa imaxe no mercado", afirma Ivanova.