GEA EN MAS GELATS

Máis vida social e familiar grazas aos robots

En Mas Gelats viven a día de hoxe un total de 260 animais e móxense cada día 120 vacas en dous robots GEA DairyRobot R9500. Situada na localidade catalá de Riudarenes (Girona), nesta explotación familiar de máis de 50 anos de historia traballan Josep Durán e o seu fillo Damià.

Antes de robotizar o muxido en setembro do ano pasado, contaban cunha sala 2x8 con medidores volumétricos na que tardaban 8 horas ao día en muxir todas as súas produtoras. Agora poden cumprir con máis garantía os estándares de calidade que lles esixe o mercado, contan con datos diarios de todos os seus animais e compaxinan moito mellor a súa vida laboral coa social e familiar.

Josep e Damià, xunto á súa irmá Gemma e á súa avoa Montserrat, cóntannos nesta reportaxe de Vaca Pinta 23 como cambiaron as súas vidas tras a robotización da granxa.