GEA EN AGROPECUÁRIA PINHEIRO E FILHOS (PORTUGAL)

Máis produtividade coa mesma man de obra

A explotación portuguesa Agropecuária Pinheiro e Filhos Lda. (Santa Maria da Feira) robotizou o muxido dos seus animais hai xustamente tres anos. António Manuel Pereira, xunto ao seu pai, António Pinheiro, e os seus irmáns, Rui e Belmiro Pereira, socios do negocio, mantiñan antes do cambio un total de 130 produtoras e dábanlles emprego a catro traballadores.

A día de hoxe, o rabaño aumentou en 50 vacas e moxen 120 en dous GEA DairyRobot R9500 e as 60 restantes nunha sala de espiña de peixe 8x2. Coa combinación dos dous sistemas son ben coñecedores dos beneficios que lles están achegando os robots.

Coa mesma man de obra, son capaces de producir máis litros de leite, pois incrementaron o número de cabezas e o número de muxidos por vaca. Ademais, o traballo é máis ameno e as vacas gozan dun maior confort e de máis tranquilidade.

Para falar de todo iso, na revista Vaca Pinta 29 visitamos esta granxa situada ao norte de Portugal, moi preto de Porto, e abordamos todo o proceso de cambio e a súa valoración actual con António Manuel Pereira; Luis Reis, técnico de mantemento de Gondimil, distribuidora de GEA na zona, e Sergio Vieira, delegado comercial de GEA en Portugal.