Máis ferramentas e información para os gandeiros, as claves da nova web de Nanta

Nanta presenta a súa nova web corporativa, máis fácil de usar e cun deseño máis atractivo e moderno para ofrecer aos usuarios unha mellor accesibilidade e visibilidade dos contidos.

Pestanas máis claras e intuitivas, contidos máis atractivos e prácticos, ferramentas para gandeiros (como auditorías, formacións e consultorías) e información máis detallada sobre os produtos para clientes particulares que se comercializan a través da rede de distribuidores Nanta son algunhas das principais novidades introducidas no seu novo sitio, que se distribúe en tres seccións de contido principais: “Empresa”,Profesionais” e “Particulares”.

O obxectivo de Nanta é facilitar aos gandeiros a eficiencia nos seus negocios, ofrecéndolles información de calidade para que atopen a mellor solución nutricional para as súas granxas. Un dos aspectos que máis se traballou é a personalización e adaptación do contido aos intereses do usuario, buscando acompañalo na súa toma de decisións.

Como sempre, Nanta seguirá facilitando toda a información e noticias da súa actividade, así como informes do sector a través da súa sección “Empresa”. Desde alí tamén se poderá acceder máis facilmente a www.nutricionsostenible.com e www.jornadasnanta.com.