Máis de 1.800 profesionais participaron nos seminarios online de Especialistas en Novillas en 2020

Logo de dar por finalizado o seu ciclo de seminarios online de 2020, realizado a través deEspecialistas en Novillas,Zoetisfixo unha valoración moi positiva destas sesións, das que destacou que se fomentou o intercambio de coñecemento entre expertos, gandeiros e veterinarios.

A compañía tiña previsto realizar un evento presencial en 2020 pero, ante á nova situaciónsanitaria, víronse obrigados a adaptar os plans ao escenario dixital. “O formato online posibilitou chegar a máis veterinarios, mesmo traspasar fronteiras, e a aceptación foi moi boa: contamos cunha participación total en directo de 1.778 asistentes ao longo dos 10 seminarios”, valorou Manuela Jimenez,marketingmanager da Unidade de Rumiantes en Zoetis.

Calidade de leite, xenética, xestión económica de explotacións, manexo, nutrición, reprodución e actualidade do mercado foron os principais temas que trataron os diferentes relatores que participaron: Álex Bach, (IRTA), Fernando Di Croce (Zoetis), Fernando Soberón (Standard Dairy Consultants), Sergio Calsamiglia, (UAB), Alfonso Monge (Monge Veterinarios), Isabel Casasús (CITA), Daniel Martínez (Embriovet & Embriomarket), Jose María San Miguel (UCM) e Antonio González (USC).

Os interesados en volver ver os cursos poden solicitar acceso os vídeos escribindo a esta dirección de correo electrónico.