Delagro S. Coop, cooperativa de segundo grao no subministro e distribución de insumos agropecuarios no norte de España e Portugal, anunciou o nomeamento de Martín Díaz Álvarez como novo xerente.
Díaz acumula máis dunha década de experiencia dentro da organización, en áreas de xestión financeira e administrativa. É diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe un Máster en Dirección de Empresas pola Escola Europea de Negocios. Conta cunha carreira vinculada á xestión financeira e estratéxica de compañías da construcción, do sector industrial e agropecuario.
"Atopámonos nun momento decisivo para o noso ámbito. O meu obxectivo é reforzar o papel de Delagro como instrumento estratéxico ao servizo dos nosos socios, asegurándonos de que dispoñan das ferramentas, a tecnoloxía, os produtos e o asesoramento necesarios para producir dunha maneira máis eficiente e sostible", sinalou o novo director xeral.
Desde o 1 de xaneiro, Martín Díaz dirixe un equipo formado por máis de 55 profesionais desde os tres centros de traballo cos que conta a cooperativa.